Vltima
...E ti estabas alí
onde me perdera
e a paz, e a calor que ti me diches
naquela noite xieira
avincalloume de novo,
pouco a pouco
o camiño da Vida que esquencera.
Mais co tempo decateime
de que auga e lume somos
día e noite,
vida e morte,
pero a pesares de odiar
o mundo que te está a perseguir,
ferir,arredoar,
non podo evitar amar
esas ondas do mar
ardendo na oscuridade da noite,
e de ser ns estivais hourizontes
bañando fraguentas pradeiras
da nosa pacible terra,
e o sangue do pasado,
fruído,tépedo,macio
sobre a luz dun canto de ledicia,
seiva que o Ceo bendixera
nunha fermosa aguia
que dun inquedo mar nacera.
E o sinto,e máis o vivo
teu corazón é mais puro
que as bágoas dun meniño,
aínda que a túa mente
esconde cinzas do presente.
...As agachadas desaparezo
pero uniranos para sempre
esa historia en branco e negro...
Page was generated in 0.0138 seconds