Francisco J. 曹 Tsao Santín : TresMil

Principal :: Índice de Páginas :: Acceso

Tres mil fillos da Sacra Escuridade


...Denantes de que ninguén se decatara
a súa luz xa lles chegara
e cando por fin a razoar escomenzaron,
menudos,febles,tenros broches de cotón,
fervíalle-lo sangue por saber
como aproveitarse de vos.

Berráchedes:¡Aquí estamos!
Pero en vez de axudarvos
enxordeceron de socato
e contra unha nova maldición,
dixeron,
loitaron en conxunción.

Sen defensa,desprezados
algúns fuchedes encadeados
outros esfolados
e non sei se os máis,
acabaron coas cacholas esmagadas
e arrincadas as mans
asasinados,esquecidos
ouvidos pero non escoitados
escartexados,queimados
ou tratados coma mercaduría
sen valía.
Xogaron cos vosos fígados
comerciaron cos ollos arrincados
ríronse das vosas facianas
proclamando "dereitos respetados"
¿Xustiza para quén?
¿Para aqueles que non respetan
a ninguén?
¿Para estúpidos que non recoñecen
o que teñen?

¡Voltade,fillos da Escuridade!
¡­Exército de silenciadasá nimas!
Para vinga-la masacre
dos vosos milleiros de irmáns
rebeládevos
devasando ós vosos pais
e empalando as vosas nais,
masturbazón de inferiores
fóchedes
pero agora o Espírito da Morte
vai na vosa compaña
para vos protexer e amamantar.
¡Liberade por fin con valentía
a Vida
que vos esbullaran brutamente
na Terra Prometida!


Adicado ós tres milleiros de embrións humáns asasinados por orde do goberno británico no 1 de agosto de 1996
Valid XHTML 1.0 Transitional :: Valid CSS :: Powered by Wikka Wakka Wiki 1.1.6.3
Page was generated in 1.0602 seconds