Oldest known version of this page was edited on 2009-01-07 03:28:58 by AdminTsao []
Page view:
Sobre pedras molladas
«Baila a miña mirada
buscando a túa luz
entre o boligante xentío,
na distancia»
«Baila o meu sorriso
que te chama
e ti saes baixo os arcos
nos que do orballo
te agachas»
«Baila a miña mao xogando
entre os cabelos que derraman
polos teus hombreiros
Bailan inocentes brincadeiras
e algunhas loubanzas»
«Baila un aloumiño
pola túa barba
mentres rodea-lo meu cós
evitando a tentación
da miña saia»
«Baila o noso corazón
arreguizado...
soa a música,
cala a xente
...sobre pedras molladas
bailamos...»
«Baila doce
no meu beizo contra o teu
e entre eles,
baixo o ceo gris do outono,
das tristes follas das manciñeiras.
rola un borboriño,
soa unha bágoa...
e bailan...»
A Raquel e Eduardo