Francisco J. 曹 Tsao Santín : Soa

Principal :: Índice de Páginas :: Acceso

Soa


Sobre senlleiras areas
que non falan seu idioma,
extranxeira
que debuxa circunferencias,
serpes que se esquencen baixo escumas...
entre anacos dun espello roto
a verdade busca.

Seus brazos afincan
a súa lourida figura
desesperado corazón que apreixa
coma un río desbocado en primaveira,
coma unha fenda que divide un continente,
ou bágoa nun mundo de silenzos,
verso que abrolla nun poeta...
unha pinga de sangue se detén
e mil se perden.

Vexo no ceo unha extraña conxunción
Nin os meigos nin as fadas
a poden salvar desa influencia
perseguindo baixo a Lúa
un novo abrente
só ela...

u.p.m., agosto 1999
Valid XHTML 1.0 Transitional :: Valid CSS :: Powered by Wikka Wakka Wiki 1.1.6.3
Page was generated in 0.0203 seconds