Francisco J. 曹 Tsao Santín : Quizaves

Principal :: Índice de Páginas :: Acceso

Quizaves (Belén in blues)


I

Non te asustes.
Seino.
A Luz é para os xustos
e os heroes,
mais s son un vello meigo
que pasa as tardes
resucitando caídos
para con eles xogaren.

Pero alí estabas ti,
unha bágoa nun mundo feliz
unha pinga de pureza
nas areas polas que vagaba.
Envolta en roupaxes de tristura
si, alí estabas,
e a Lúa minguaba no teu peito
escurecida pola luz da ta mirada.

Alí estabas,
só ti en medio da nada,
e os teus cabelos
en cascada caían
sobre os hombreiros,
agachando un manancial
de proibida suavidade rosada
e arumes de terras lonxanas.

E por un intre, soñei...


II


Rúas envoltas en néboa,
e as xentes que no desespero
por elas corrían
¡demencia da arquitectura!
...desapareceron...
ábrense os algarves
e a Nai Terra,
en tempos durmiñante,
lume sanguea coma nunca;
enervado pola chuvia
volta ó val a ubedade.

Eternidade nun día,
un día nun segundo,
un segundo na maxinación,
maxinación para a eternidade.

Tan perto de ti,
que podo senti-la calor
que raian as túas mans
coa chegada do inverno,
e embebedarme cos arrecendos
que xoguetean entre o pelo,
arrecendos que bulen co orballo
e se entrelazan no vento,
e brincan entre orfos raios de sol
pola maña,
e escorregan entre os teus dedos pensativos
coma auga nas mans do sedento...

Sei das túas matinacións,
s son un extraño vagaxeiro
que se perde polo mundo
arrastrando as cadeas da maldición
que pasa de pais a fillos,
así que, por favor, non teñas medo.

...Cedo chega o abrente,
disque non chove para sempre...

III


¿Que foi daquelas naves
que ardían alén de Orión?
Son chagas nas retinas dun vello,
cunha mirada túa ó hourizonte
tan sentida e fría á vez,
perdéronse nas mareas dos tempos...
Lembranzas,
quentes trazexos en verde
que serpexan sobre un lenzo,
como unha tremante cunca
no derrotado inverno.

Fuxe.
Son unha mancha vermella
-unha máis-
que pola neve
na túa procura se extende.
Alzo a vista ó ceo
e xa pasou a treboada;
fundíndome por derradeira vez
nos teus ollos,
denantes estrelas que guiaron
o meu camiñar
espiro...

...non puiden soportar de novo
a escuridade...

Epílogo


Mácia a serpe da noite
esgola-las mias matinacións
afógame o doce pecado azul
que ceibou a mia paixón
Deus, dame forzas
para non vende-la mia alma demo
polas súas bágoas de ceo!
...No Xardín do Coñecemento
ela é un relustro que te cega
cando, resinado, vives entre tebras.

Un ronsel de pensamentos
se perde no seu pacible camiñar
dúbidas que penden dun sarmento
e un cravo suicida busca paz
esgazando sen piedade nun nocello.
...No Xardín da Soedade
ela é a fugace vision lourida
que apreixa unha mirada furtiva.

Un salaio fuxe ás agachadas
Nesta noxenta algueirada
a pureza do seu amor
é o facho da miña dor,
e auga para esperanza
que se perde no deserto
deste cruxir silandeiro.
Deus é-la miña Luz
quero ser mellor,bebo viño acre;
parte contra o chan a botella
en mil anacos
...destintada unha mensaxe...
¡Madia leva a escuridade
que vivo me deixa!
...No Xardín dos Santos
ela é un anxo que baixou Terra
para redimi-la túa alma da guerra...

u.p.m., maio de 1998
Valid XHTML 1.0 Transitional :: Valid CSS :: Powered by Wikka Wakka Wiki 1.1.6.3
Page was generated in 0.0153 seconds