Francisco J. 曹 Tsao Santín : PorA

Principal :: Índice de Páginas :: Acceso

Por A.


Disme na tua carta
que me deixa-los teus ollos
para que por ti vexa...
...no quera Deus
que profanen as miñas mans
o derradeiro paraiso,
a fronteira da inocencia
¿Non preferirás un dos meus feitizos?

...Abrente...
O ceo xoga a espello
da terra
sobre a serra do Xistral
entre os rochedos,
fago eu do teu corazón
unha pinga que arrinca o Sol
do xeo...

...Orballa...
Xa non es ferida de auga:
rebordado de paixión o río
baixa
pola máis estreita fenda ártabra,
forza que move un muiño
que hai tempo deixou de existir...
¿quizaves un amor perdido?...
...descendendo por Caaveiro
fas poemas con flores,
e podes ouvi-lo silencio
daqueles que vivían no mosteiro...

...Chove, xunto á Virxe de Pedra...
Pola túa pel moura,
escurecida na Luz de Deus
sei que brila o Sol aínda,
e o teu corazón únese na ría
ás bágoas dos anxos
por un mar que agonía...

u.p.m., octubre 1999
Valid XHTML 1.0 Transitional :: Valid CSS :: Powered by Wikka Wakka Wiki 1.1.6.3
Page was generated in 0.0177 seconds