O río
Xangal Pandora tenta
soterrado baixo area de Sopazos,
lentecida praia
polas mareiras augas dos seus ollos,
abri-lo cofre da miña meniñeza.
Esgotada alma na loita
dalguén
que podo lembrar a penas
...eu mesmo.
Cando soñaba
con toca-las nubes cos dedos
tencionaba eu
que o mundo cambiaría, un pouquiño,
cun dos meus versos.
Cando rendía á mirada
do primeiro amor de xuventude...
O seu trigal infinido
ceibou a semente
hoxe fráxil talo
do meu romanticismo;
pétalas de roseira,
as veces trabados
nun divertido aceno dubidoso,
case sempre sorrindo na inocencia:
espiñas nesta noite
que fan de cada o meu leito
lugar derradeiro na Terra
no que quero espertar ó abrente.
Polo río que nos veu nacer,
pola mar que nos afastou,
hoxe sei
que se non morre o Amor
coa Morte,
¿como ía morrer coa Vida?
É ese o meu legame.
Page was generated in 0.0380 seconds