Unha bonita miragre da Nosa Señora do Carmen
Sempre recordarán
os máis vellos do lugar
a lenda que nesta nobre vila
o gran eido dos Andrade
a Nosa Señora do Carme
fixo,tempo hai
unha fermosa miragre,
na ribeiriña do Eume,
acó,na ría de Ares.
Era un frorido día
do mes da Nosa Señora
e ó abrente saíran
do peirao os pescadores
para gañar coas súas suores
mar a dentro
o pan das súas familias.
Mais o Demo
estaríalles a arrapiñar
a ledicia do fogar
e agardaba deles preto.
Cubriuse de súpeto o ceo
de negros nubieiros
e fortes ventos zoaban
nunha grande treboada,
lóstregos do demo
árbores e casas queimaban
e con enxordecedores tronos
ata os máis homes choraban;
familias enteiras,
xuntadas nas casas,
ó redor da lareira
polos homes do mar rogaban.
Disque tamén vivía
na encosta do monte Breamo
unha moziña belida
filla dun musulmán xusto
que como médico exercía
dende que chegara
antes da Reconquista.
Aquela fermosa rapaza
dun xoven pescador namorara;
agora,Myriam,que así se chamaba
na praia de Sopazos agardaba
mollándose sen medo tronada
agardando que o seu pescador voltara.
Foi elexido por Deus
este corazonciño puro
por medio deste infortunio
para ser elevado por Él
a través da súa Nai
que xa no seu encontro vai:
Avanzavan espidos
os pés dunha muller
e achegáronse a modiño
á rocha dende onde miraba
a xoven Myriam
se o seu amor retornaba;
a súa beleza divina
era escondida
por un longo fatelo gris
que a súa cabeleira cubría.
"Non desesperes,Myriam
que o teu rapaz ha voltar
prégalle a Deus por él
e El vaino axudar."
"Eu non son cristiana
o meu único Deus é Ala
miña familia
sempre foi musulmana
anque aprendín pronto
as crenzas dos outros respetar.
Mais,¿quen es ti
misteriosa extranxeira
que soubéche-lo meu nome
sen cho eu dicir?"
"O meu nome has saber
cando eu che hei contar
que fai moito vin morrer
o meu Fillo na Cruz
sendo Deus,como era El."
"Pero...¡non pode ser!
Dis que é a Nai do Nazareno.
¡Eu non che podo crer!"
"Como a túa alma é pura,
pronto o entenderás
unha miragre de Deus
ante os teus ollos verás"
Dito esto,María
botou a camiñar
ata mete-los xeonllos
no seo do vello mar...
Abríronse as nubes no ceo,
o vento deixou de asubiar,
e a negra celaxe tornou
en azul bendito do mar,
que de seguido quedou en calma
para que a Nai de Xesús
puidera camiñar
sen molla-la súa saia.
As suas vestiduras agora
de cor da pureza eran
e o seu cabelo,
como a noite negro,
coa bafaxe do mar macia
en brinquedos arraiaba.
Os seus ollos describían
alén onda mundo
con forza ó ceo se unía,
e a súa celestial face
salaios dun Deus acougaban,
a súa sonrisa de nai
dozura de muller sinalaba,
e as súas verbas sereas
de grande tenrura gozaban.
Baixou entón unha gaivota
sostendo un berce de ouro
baixaba o noso Mesías
arrodeado dun coro
de anxos,que o seu Pai mandara
para nos protexeren a todos.
E a Causa da Nosa Ledicia
colleu ó Santo Meniño
e camiñou a modiño
polas augas
ata perderse no infinito.
Correu abraiada a mociña
a contarlle o suceso ó pobo,
polas rúas berraba
ata quedarse sen folgos:
"¡Saíde, veciños,saíde
que a Nai do Fillo do Home
un divino prodixio obrou,
para salvaren os pescadores!"
Creeu a xente que a Moura
como eles a chamaban
de socato,coa treboada
toliña ela se voltara.
Pero aínda que ninguén
a sua historia cre¡a
ela teimaba e teimaba
coa súa xoven lozanía.
Quixo enton falar co cura
mais as donas llo impedían
pensando que na súa locura
matalo ela podería.
E con todo esta algueirada
chegaron os homes a terra
e ouvindo a boa noticia
correron todos á Casqueira
cunha grande ledicia.
Berros,bicos e apretas
misturábanse nas cubertas
de tódolos barcos,salvados
daquela terrible tormenta.
Quixo entón Deus
que a obra da Virxe María
non só convertera
á mouriña
senón que os veciños aprenderan
a ter máis fe nas persoas
sexan da crenza que sexan
cando das glorias da súa Nai
convertidos a Cristo veñan:
mandou a San Miguel soprar
coa súa anxelical forza
e así fixo unha grande onda
que á praia foi a dar.
Bateu co asaño de Deus
sobre a Pena do Soldado
e fixo cos penedos
que barreu o seu redor
enxeis de area granos.
Quedou a rocha branquiña
como a luz do mediodía
pero non hai no mundo enteiro nada
coa forma que agora tiña:
unha Muller ó mar mirando
cun Rapaciño nos brazos
quedara esculpida na pedra,
a Virxe do Carme era.
E así dúas veces no día
Deus salvou a estes homes
primeiro de morrer nos mares
e despois,de vivir
sen creeren nas miragres.
"Mariñeiros
que no mar estades
recordade
que a Nosa Señora do Carme
está a vos coidar
no voso diario navegar.
E sempre que a ría de Ares
e Pontedeume vos acheguedes,
vide a saludar e honrar
a Nosa Naiciña do Ceo
que ó seu Fillo,por vos
vaille pregar."
u.p.m., maio 1992
Page was generated in 0.0468 seconds