Francisco J. 曹 Tsao Santín : Lembranzas

Principal :: Índice de Páginas :: Acceso

Lembranzas


Lembranzas sobre unha folla
dun libro de canles arrincada.
Poema escrito con sangue
camiño de volta á casa.
Lembranzas de covas e bestias,
de augas infernais,da locura,
de comidas noxentas;
de pobos descoñecidos,
da vida nunha tormenta...
...de sagas que non pasarán á historia
pero escomenzaron a gloria
dunha xeración
que un día un peixe salvou
para garda-la nosa memoria.
Lembranzas desa rapaza
que chegou de Celanova
e daquel amigo que deixouno
todo, para busca-la gloria.
Lembranzas de compañeiros
que no porto da Coruña
paseniño, de nós se despideron.

Sentimento
do espírito de Betancourt
que posúe este eido.
Quedou o pasado atrás.
Ninguén coñece o agora
...unha máquina do demo me devora:
Vixia os nosos erros
Apreixa a nosa intelixencia
Xa me acadarma o desalento.

Vaise.
Cando os cristais tremeron
fendeu a morriña
nun cabedelo de areas lentecidas
Comenza a construcción do mundo
...Que Arquímedes alance unha faísca.

Valid XHTML 1.0 Transitional :: Valid CSS :: Powered by Wikka Wakka Wiki 1.1.6.3
Page was generated in 0.0169 seconds