Francisco J. 曹 Tsao Santín : Gijon

Principal :: Índice de Páginas :: Acceso

Gijón


Fíxose o silencio
e quedou prendido nela
mais non fora eu, Morfeo,
quen xogando a traición,
coa fría bris da noite,
adormexo-los seus beizos
despois das derradeiras verbas.

Lapas que xogan no serán
entre ceibes os cabelos,
pregas de carmín sorríen ó sol...
...eterna imaxe,
fugace pensamento.
Invisible eu, no seu carón,
fitaba como agochaba-la vida:
quedaran atrás os festexos,
música, alcohol,
brincadeiras,
liortas, bailes e boureos.

Non quero rompe-lo meigallo,
afogo-la consciencia
no meu propio veleno.
¿Cando mellor que na noite
entre panos rosados de raso,
para couta-lo tesouro
dos fermosos ollos pardos?
No seu carón, eu, inerte,
fíxose o silencio.


De doce sangue ártabro,
á paixón renacente,
pechou o maio astur
o miragreiro abrente.
Benfadado quen poida
presencia-la súa volta á vida...

u.p.m., maio de 2003
Valid XHTML 1.0 Transitional :: Valid CSS :: Powered by Wikka Wakka Wiki 1.1.6.3
Page was generated in 0.0763 seconds