Doce a miña morte
¡Amada Muller de tez xieira
envolve-la miña face
coa túa infinita cabeleira!
¡Amada Dona de beizos azuados
agarima o meu malferido peito
co teu malvadoso arrecendo!
Quebrache-la miña razón
con esa mirada de dó,
turbache-las matinacións
deste debalante vello
con eses acedos beizos
e doces,á vez,
de dor e paixón.
Peitos inquedos que empechan
brados de clemencia
...cun frémito
e unha aperta silencian
Salaios do éxtase derradeiro
e o corazón se detén
...sigue,doce e sanguiñento
o Bico Eterno
que cala nun intre cun quebro
a maldita sede de fel...
...coutado erotismo
de incestuosos amoríos,
xúntanse nun dous seres
cando quizaves
xamais foron diferentes.
Ceibe o espírito por fin
tralas gadoupas do lume se perde
e follas enxoitas de outono
agachan querendosas o ventre
dunha nai que protexe
outro fillo máis de volta
que durme en paz de novo
cunha Cruz colgada no berce.
Page was generated in 0.0175 seconds