A paixón
Chegaches á miña vida
silandeira,mentres durmía.
Pero,¡benfadado espertar!
naquela fría noite de verán.
Tola historia en tolos tempos
o noso pasado e presente
esquencimos
cun calado xesto.
Vidas senlleiras...
...dous descoñecidos sos
lonxe da civilizazón
perdidos nun senrazón
protexidos na Natureza.
Perseguinte por camiños
entre campos de centeo
e afastaron margaridas
os nosos infantís receos.
Lentecidos prados e descidas
polos que dous nun rolamos
ó abrente,
tinximos as nosas meixelas
dunha graciosa verde,
e voltamos a ser nenos
xogando entre os rochedos...
...lonxe,moi lonxe,da xente.
Tépeda gris
que aloumiña unha macia folla,
agariman namoradas mainas ondas
ós cabedelos,arreguizados,
e fenden en ciúmes seus salaios
na ánima da paz moura;
cae unha bágoa de ledicia
e aruxa dous corazóns detidos
mentres se funden os espíritos.
...Morreron as estrelas,
en dous bicos se perderon
e a man do vento enreda
cos seus durmidos cabelos.
(...intensos días de ¿luxuria?
¡non! de Amor Verdadeiro e tenrura...)
Cando espertei coa alborexada
aínda o orballo refuxiaba
a nosa paixón,
mornos lenzos enxugaban
de canela e dos piños mestura,
abrítanse as vellas pantasmas
...morte a unha noite de dozura.
Sen sabe-lo teu nome,
ou sequera un lugar
onde te poder atopar
¡oh, miña fermosa Treboada!
a vida sen tí continúa...
u.p.m., agosto 1996
Page was generated in 0.0118 seconds