Abstract: this weekend Portuguese citizens will decide if their laws allow to abort. On the contrary that discussions about abortion, this is not a question about religion or feelings. This is an scientific question, a human rights question, and a social question that avoid to think about how the society presses women to take desesperate measures.
Este fin de semana en Portugal celebrarase un referendum no que decidirán se a lei permitirá o aborto, dentro duns prazos e unhas condicions legais. Supoño que se intenta tomar unha medida legal semellante á que se tomou hai anos aquí en España (entón o PSOE nin se molestou en preguntar ó pobo). O principal argumento de (maioritariamente) a esquerda portuguesa, gobernante, é que pretenden evita-los abortos que se producen ilegalmente en malas condicións sanitarias, ou o “turismo do aborto” a este lado da fronteira.
Para min estas razóns non abondan, e evitan unha das cuestións principais: as imposicións sociais, inxustas, non desaparecerán coa despenalización do aborto. A presión social, económica, familiar, que sofre unha nai cun fillo fora de tempo é causa de moitas traxedias ó longo de toda a historia. En España despenalizamo-lo aborto (dentro de tres supostos, pero a efectos prácticos o aborto é libre), co que se evitan, certamente, os problemas que pretenden (presuntamente) solucionar en Portugal. Pero non arranxan o problema principal, que é que unha nai que si quere ter e coidar ó seu fillo, non podería facelo se non ten cartos abondo para pór unha barreira entre ela e os esprobos que pode sufrir. Ó final, a dictadura dos cartos acaba gañando.
Para os gobernos resulta máis barato atallar así o problema. Aínda non vin na nosa democracia un so gobierno que promova axudas para as nais desfavorecidas, eso parece quedar da man dalgunhas ONGs. Para a sociedade, é más “limpo”, no senso máis hitleriano da palabra, eliminar cualqueira síntoma de “anormalidade” no sistemático movemento das nosas vidas hipotecadas á casa, ó coche, ó piso. Un embarazo nunha filla adolescente, ou un niño con síndrome de Down son consideradas situacións atípicas que rompen coa “normalidade” das nosas vidas de teleserie.
A segunda cuestión, máis importante, también se evita no debate. Vense moitos debates na televisión, pero eu aínda non vin ningunho onde o debate se realice coa ciencia na mano. Hai que mirar ó que se destrúe no aborto, e entón decidir.

Esta é a imaxe dunha ecografía 3D realizada a un feto de 12 semás. Está sacada deste artículo da BBC sobre a nova técnica de monitorización que permite observar mellor o comportamiento do “suxeito”. O pé da foto:” Con doce semanas xa salta, ríe e patea ainda que a nai non poida sentilo”
Outra fotografía, dun embrión de 10 semanas, sacada dun documento, obxetivo dende tódolos puntos de vista, do Departamento de Saúde do estado de Minnesota. O documento completo pódese ver nesta páxina web ou descargarse nun archivo pdf.
Con tódolos elementos da discusión na man, espero que os portugueses tomen a decisión adecuada. Polo dereito á vida. A tódalas vidas.
Updated Feb.12: The results 